Saturday 18 de May de 2024

O Concello de Frades organiza unha excursión a Segovia e Ávila do 15 ao 17 de abril


O Concello de Frades abre hoxe o prazo de inscrición nunha excursión ás vilas de Segovia e Ávila, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de abril. Hai 55 prazas dispoñibles e as anotacións deberán realizarse no Concello de Frades (981 695 567) antes do próximo 4 de abril.

O prezo da viaxe será de 160 euros para os veciños e veciñas empadroados en Frades que, no caso de haber máis demanda ca prazas, terán preferencia sobre os non empadroados, que terán que aboar 185 euros. Unha cota de inscrición que inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, desprazamento e visitas ás vilas de Pedraza, Sepúlveda, Alba de Tormes, Arévalo, Segovia e Ávila.

Con esta convocatoria, o Concello de Frades mantén o seu exitoso programa de escursións despois da gran participación rexistrada en anos anteriores nas viaxes a Asturias, Cantabria, Salamanca e Portugal.